O pasado mércores día 17 de Abril, os alumnos de 1º de Ciclo superior de Agraria, fomos de prácticas á finca de ornamental da que dispón o Instituto de Arzúa.
Cuxa práctica consistía nunha poda de formación das especies de Pyrus sp. e de Liquidambar styraciflua. A profesora Marina do módulo de Xestión de Viveiros, explicounos na finca os motivos e os procesos que tiñamos que seguir para podar correctamente estas especies. Estes procesos eran únicamente para unha formación estética da planta, xa que se trataban de especies ornamentais.Para realizar estas podas era moi importante non deixar tocóns, e realizar un corte limpo polo que o afiado das tesoiras era moi importante, así como desinfectar as tesoiras.
O mesmo día puidemos observar como traballaba unha arrancadora de planta manexada polo profesor de topografía do instituto e que cuxa máquina cortaba as raíces deixando e facendo un cepellón, xa que dispón de varias coitelas de corte según o porte da árbore. Esta máquina dispón dun gato hidráulico que sube e baixa un brazo onde leva montado unha coitela curvada, esta coitela xira e mediante un sistema de vibración da propia máquina corta as raíces deixando un cepellón.
Esta máquina tamén dispoñía dunha grúa para extraer a propia árbore sen facer ningún esforzo. Unha vez extraída a planta procedíaselle a poñer unha tela e unha malla metálica para formar e soster o cepellón da árbore, facendo un atado da malla metálica mediante un gancho.
A continuación procedíase a facer un atado das ramas da árbore para facilitar o transporte e así asegurar que éstas non romperan. Despois de todos estes pasos serán metidos nuns barreños para a saída á súa venda.
Unha vez se pretenda plantar definitavamente no terreo, só é cuestión de extraelo do barreño e insertalo no buraco de plantación desexado, incluíndo a malla metálica e a tela, xa que éstas son degradables.
No hay comentarios:
Publicar un comentario