29/5/13

Inxertos

Nesta práctica aprendimos a facer enxertos en madeira de especies do xardín do instituto. Coa parte máis grosa suxeita no sarxento no taller procediamos a facer os cortes correspondentes para enxertar. Practicamos enxertos de xema, de puga, de corroa e o inglés, cada un nben suxeito coa tira de plástico especial para enxertos, practicando como se comeza a atar e o nó final. Isto eu practiqueino na realidade pola miña conta, fixen enxertos de coroa e de puga, os de puga non prenderon pero os de coroa mostranse agora (despois de case dous meses) xa con unha xema enérxica e provisto o brote de varias xemas, comprobación irrefutable de que funcionan perfectamente os métodos (polo menos o de coroa). As practicas puidemolas levar para a casa e ainda se nos aburriamos podiamos volver a atar e desatar o plástico, que para aprender non estaba de máis. Tamén aprendimos a afiar ben a tesoiras e manter a ferramenta en bo estado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario