26/5/13

Práctica de enxertos

Unha das prácticas que tivemos foron os enxertos. Esta práctica consistía en aprender a facer 3 tipos de enxertos diferentes dos aprendidos na aula, que foron, o enxerto inglés, o de xema e o de fendedura.
Para facer estes enxertos necesitamos os seguintes materiais:
Navallas (de boa calidade, ben afiadas, sempre limpas e desinfectadas); Cintas ou material de atado; Ceras de enxertar; Etiquetas e Ferramentas de poda (Tesoiras, serruchos...).
Dos tres tipos de enxertos que fixemos para min o máis difícil e que tiven máis problemas á hora de facelo, foi o enxerto inglés, xa que hai que facer uns cortes limpos e lisos coma nos outros, para que encaixen e solden perfectamente despois dun atado forte e correcto mediante as cintas de enxertar.
Na miña opinión foi unha boa práctica, aínda que teño que practicar máis o enxerto inglés para que o enxerto salga correctamente por éste método.

No hay comentarios:

Publicar un comentario