Práctica arrincado planta con cepellón
O 17 de Abril puidemos realizar unha práctica de arrincado de planta en cepellón, puidemos observar como traballaba a maquina que dispoñía dunha coitela que realizaba os cortes oportunos para levar a cabo o cepellón.
Os pasos seguidos consistiron na elección das plantas sobre as que se quería traballar, posteriormente sitúase a coitela e a máquinaria na posición correcta para conseguir centrar o pé da planta no centro do cepellón resultante.
Unha vez centrada a maquinaria comézase o corte para a realización do cepellón, a propia maquinaria consta dunha grua que permite elevar a árbore para sacala co sustrato, entre os que facíamos a práctica empregouse unha malla metálica para manter as raíces co sustrato.
Una vez colocada a malla comézase a apretar e darlle unha forma mais uniforme ao cepellón, empregando a ferramenta axeitada, ganchos metálicos e guantes, consíguese a forma correcta para o cepellón.
Posteriormente as plantas con cepellon son transportadas e para elo se emprega una corda que permite reducir as dimensións que ocupan as ramas laterais apretándoas contra o fuste da árbore.
No hay comentarios:
Publicar un comentario