Práctica
de inxertos
Na práctica de
inxertos puidemos ter a oportunidade de aprender a forma de realizar
os mesmos así como as diferentes técnicas.
Nesta práctica
empregamos o serguinte material: navalla de inxertar, guantes e roupa
de traballo, tesoiras de podar, cinta ou material de atado, e
ferramentas de afiado.
Traballamos
varios tipos de enxerto, de fendedura, de xema, ingles, e coroa,
estivemos practicando ata que conseguimos facelos, vendose así as
complicación que atañen o feito de non ter práctica anterior neste
campo. A dificultade dos enxertos de xema radicou básicamente en que
a madeira non daba para poder realizalos correctamente e as ramas non
contiñan as xemas no estado idóneo.O resto de inxertos puidemos
realizalos dun xeito máis o menos correcto. Puidemos facer a
práctica e levar o resultado da mesma para casa.
Resalto o
feito de que o aprendido de xeito práctico queda aprendido para
sempre o cal é moi positivo nesta práctica, e como outro aspecto
resaltar que estaría ben poder facer os inxertos directamente en
plantas para ver se realmente medran e se o resultado é o correcto.
Práctica
de poda
A realización
da práctica de poda levouse a cabo nun día soleado no que puidemos
aproveitar toda a mañá para practicar e aprender as diferentes
técnicas de poda que nos permitiu a finca e as árbores que alí
están plantadas.
Para elo nos
desprazamos ata o lugar e fixemos grupos de traballo, por unha banda
de limpeza e queima dos restos e por outra banda de poda das árbores.
A técnica
practicada durante mais tempo foi a realización de podas no
Liquidambar, neste caso tratábase de podar deixando mais o menos
dúas xemas por rama , o obxectivo era que debido o marco de
plantación se buscaba unha forma da árbore que permitise sacala do
lugar de xeito sinxelo unha vez ésta estivera medrada.Debíase ter
coidado cos cortes para facelos sen danar as xemas e para permitir
que éstas medraran de xeito correcto, facendoos de forma diagonal e
limpos pero sen tocar a zona da xema.
Por outra banda
aprendimos tamen como se deben podar os Quercus Rubra , buscando
sempre que queden ramas opostas para manter o equilibrio das árbores,
explicouse tamén a poda dos Juniperus pero fíxose ao comezo de
práctica , momento en que eu índa non chegara á finca e ao chegar
estaba encargado da recoleccion e queima de restos, polo que non
recibín a explicación.
A práctica moi
interesante , habería que practicar moito máis xa que se o rematar
o ciclo temos a necesidade de facer podas deberíamos ter máis
práctica no tema.
No hay comentarios:
Publicar un comentario