29/4/13

Poda de formación

A pasada práctica que fixemos foi a de poda de formación na leira do colexio. Realizámola en Liquidambar styraciflua e Pyrus sp. A poda de formación é imprescindible en árbores ornamentais porque deixando unha árbore crecer libremente sin ningún tipo de poda como si estivese na natureza o árbol adoptará a forma que ten que adoptar desarrollando ramas de calquera forma tendo un aspecto salvaxe que non interesará. Os obxectivos que se buscan serán sempre estéticos polo que se ten que conseguir unha poda ca que deixando as llemas necesarias e na dirreción exacta se consiga unha copa vigorosa e frondosa. Esta poda non sigue un reglamento exacto porque baixo distintos puntos de vista pode ser dunha maneira ou de outra. Por exemplo algunhas cousas que me dicía Xulia que tiñan que ser dunha forma, Marina realizabas de outra. Polo que cada un teno que ir facendo algo da súa maneira (respetando unhas normas básicas como por exemplo non deixar a xema de abaixo como última, etc)

Práctica de inxertos

Unha das últimas prácticas que fixemos foi a de enxertos. Un enxerto por definición é a operación pola cal unha parte da planta únese a outra planta, que se convertirá no seu soporte e que lle proporcionará os alimentos necesarios para o seu crecemento, de tal maneira que ambas acabaran convertíndose nunha soa planta cas características xenerales da primeira delas. Os tipos de inxertos que tubemos facendo foron os máis usados xeneralmente: o inxerto de fendedura, o de xema, o inglés e o de coroa. Para min o máis fácil resultou o de fendedura. A chave básica a ter en conta a hora de realizar o inxerto é que este mailo patrón teñen que quedar unidos cambium con cambium e o máis perfectamente unidos para que o inxerto teña éxito. E imprescindible para isto ter a man a ferramenta ben, como e a navalla de inxertar vaciada e a tixeira de podar ben afiada para que realice un corte limpo.

11/4/13

Seguemento da sementeira e esgallado


O pasado xoves día 4 de abril, os alumnos de 1º C.S. de Xestión Forestal e do Medio Natural, fomos comprobar ó invernadoiro do colexio a evolución dos esgallados e da sementeira que fixemos no anterior trimestre.
O noso grupo está formado polas seguintes persoas: Marcos Cendón, Samuel López, Javier Domingo, Manuel Reigía e Javier Villaverde, polo que detallamos a seguintes táboas e fotos que adxuntamos a continuación.

8/4/13

Enxertos

Poda de formación

Prácticas de enxertos e de poda

 
Práctica de inxertos


Na práctica de inxertos puidemos ter a oportunidade de aprender a forma de realizar os mesmos así como as diferentes técnicas.

Nesta práctica empregamos o serguinte material: navalla de inxertar, guantes e roupa de traballo, tesoiras de podar, cinta ou material de atado, e ferramentas de afiado.

Traballamos varios tipos de enxerto, de fendedura, de xema, ingles, e coroa, estivemos practicando ata que conseguimos facelos, vendose así as complicación que atañen o feito de non ter práctica anterior neste campo. A dificultade dos enxertos de xema radicou básicamente en que a madeira non daba para poder realizalos correctamente e as ramas non contiñan as xemas no estado idóneo.O resto de inxertos puidemos realizalos dun xeito máis o menos correcto. Puidemos facer a práctica e levar o resultado da mesma para casa.

Resalto o feito de que o aprendido de xeito práctico queda aprendido para sempre o cal é moi positivo nesta práctica, e como outro aspecto resaltar que estaría ben poder facer os inxertos directamente en plantas para ver se realmente medran e se o resultado é o correcto.




Práctica de poda

A realización da práctica de poda levouse a cabo nun día soleado no que puidemos aproveitar toda a mañá para practicar e aprender as diferentes técnicas de poda que nos permitiu a finca e as árbores que alí están plantadas.

Para elo nos desprazamos ata o lugar e fixemos grupos de traballo, por unha banda de limpeza e queima dos restos e por outra banda de poda das árbores.

A técnica practicada durante mais tempo foi a realización de podas no Liquidambar, neste caso tratábase de podar deixando mais o menos dúas xemas por rama , o obxectivo era que debido o marco de plantación se buscaba unha forma da árbore que permitise sacala do lugar de xeito sinxelo unha vez ésta estivera medrada.Debíase ter coidado cos cortes para facelos sen danar as xemas e para permitir que éstas medraran de xeito correcto, facendoos de forma diagonal e limpos pero sen tocar a zona da xema.

Por outra banda aprendimos tamen como se deben podar os Quercus Rubra , buscando sempre que queden ramas opostas para manter o equilibrio das árbores, explicouse tamén a poda dos Juniperus pero fíxose ao comezo de práctica , momento en que eu índa non chegara á finca e ao chegar estaba encargado da recoleccion e queima de restos, polo que non recibín a explicación.

A práctica moi interesante , habería que practicar moito máis xa que se o rematar o ciclo temos a necesidade de facer podas deberíamos ter máis práctica no tema.