7/2/13

Catálogo especies Roberto y Lidia

Algunhas cousas a ter en conta cando miredes o noso catálogo: (Anotación: Os hiperenlaces do índice levan a cada especie ao pinchar sobre eles e funcionan correctamente no documento e tamén se o exportamos en .pdf, pero ao subilo para poñelo no blog deixan de funcionar e non conseguimos saber por qué). O noso catálogo está baseado nun conxunto de especies forestais, neste caso traballamos con arredor de 28 especies. Para cada unha delas o comprador ou interesado no catálogo pode atopar de maneira sinxela toda aquela información que puidera ser do seu interés con respecto a oferta de especies , as súas características e outros datos que lle resultasen útiles en relación a compra ou necesidades da especie. Por unha banda unha vez localizada a especie gracias ao índice, atoparase con certos datos básicos que todo cliente tenta sempre coñecer de primeiras, o prezo, o envase no que se transporta , e unha imaxe da especie, estes tres datos aparezen na parte superior da páxina onde se atopa a especie en concreto, sendo así a información máis habitual de consulta a que se está a ofrecer de forma directa e sendo ésta o foco principal de información. Debaixo da fotografía atópase catro tipos diferentes de información con respecto a planta, primeiramente o nome común e os usos habituais da planta, e a dereita deste a época de plantación. Esta información sege sendo información máis xeral da planta, que permitirá comezar a descartar ou non se a especie que estamos a ver é do noso interese. Se despois de que o cliente decida sobre se o uso da planta e a época de plantación entran dentro das súas expectativas, xa pode entrar na segunda parte dos datos onde se lle explican características propias da planta e descripción da mesma. No lado esquerdo temos a información descriptiva da planta , e no lado dereito temos información relacionada con características do hábitat e ecoloxía necesarios para que a planta medre correctamente. Con toda estas información, e gracias a organización da mesma consíguese un bo resultado de cara a que os clientes atopen de forma facil e rápida a especie idónea e os datos relacionados coa mesma. A idea do catálogo é conseguir que a información esté clara, sexa directa e conecte co cliente sen que éste se perda polo camiño, polo que escollemos un diseño sinxelo, entendemos que o obxectivo do catálogo é ese por enriba dos detalles decorativos, esta decisión a tomamos baseandonos en experiencias persoais e de persoas cercanas que han estado en contacto co úso de catálogos. En relación ao número de plantas incluídas no catálogo , fixemos 28, en relación ao número de especies co que traballa o viveiro sobre o que fixen o outro traballo estamos case triplicando o número de especies entendendo que é entón un bo número de especies. Como catálogo de especies, xa que se trata de facer un comentario crítico, poderíase mellorar quizais o incluir algún outro tipo de información a maiores da que se presenta , o mellor debería ser seguir un proceso de proba e mellora do mesmo traballando con diferentes tipos de clientela, e facendo rectificacións no formato ou nos contidos según as opinións dun conxunto de clientes que fosen empregando o catálogo tras cada modificación do mesmo. Así por exemplo quizáis a información que escollimos sobre as características da planta poderían ampliarse, nos escollemos esta información por ser específica , breve e entendendo que é suficiente xa que comprende os datos necesarios e importantes A decoración do catálogo é sinxela , penso que debe ser así, xa que o obxectivo é que a información chege rápida . Poderíase incluír máis especies, xa que o mercado é amplio e se pode pensar en ámbitos maiores que Galicia ou España , e seguramente esquecimos especies que teñen saída no mercado Galego e que non nos demos conta de poñer.

No hay comentarios:

Publicar un comentario