25/3/13

PRÁCTICA ENXERTOS


A práctica que realizamos cos enxertos, serviume para saber a cantidade de tempo que se tarda en facer un correctamente, xa que por máis intentos que fixen, a penas o dei conseguido. Hai que realizar os cortes oportunos e tratar de facer a púa o máis perfecta posible. Necesitamos ter o material adecuado e ter a navalla moi ben afiada.
Intentamos facer tres tipos de enxertos: os de xema (ainda que non esteamos na época axeitada para a súa realización), os de fendedura e o inglés. Non é que sexan difíciles de facer, pero requiren certa práctica que se chega a coller co tempo, por iso penso que hai que seguir practicando ata lograr levar a cabo un bo enxerto. 

24/3/13

PRÁCTICA PODA


O xoves pasado por fin saimos da clase e comezamos a facer algunha práctica toda a mañán na finca. O tempo acompañounos bastante ben polo que foi un acerto escoller ese día.
Na miña opinión creo que aprendimos moito máis na finca que nunha semana enteira dando a materia de poda na clase. Non é o mesmo estar nunha aula escoitando as explicacións do/a profesor/ora mentras vai contando como se leva a cabo unha poda nunha árbore, que ir a poñelo en práctica na mesma.
Cando chegamos á finca comezamos a poda nos Juniperus, sendo esta unha poda sen maior complicación xa que consiste en recortar as ramas que sobresaen para que quede un porte máis recto e homoxéneo. Despois pasámonos aos Liquidambar e aquí complicouse un pouco máis o exercicio xa que hai que determinar que ramas imos a deixar, cales imos a cortar e tamén hai que ter coidado co corte que se vai a facer xa que podemos efectualo mal e cortar a xema  que queremos que saia a diante.
Espero que fagamos máis saidas coma esta xa que como dixen antes, aprendemos moito máis así que estando todos os días encerrados no colexio.